
1ª PARTICIPANTES: Poderá participar no concurso calquera persoa maior de 18 anos e residente en España, coa excepción dos membros do xurado, así como das persoas que forman parte da Asociación Caetra Lucensium.
2ª TEMÁTICA: O tema principal será o Arde Lucus MMXXVI.
3ª OBRAS: Cada participante poderá presentar un máximo de cinco obras, sendo estas orixinais e inéditas e non téndose presentado con anterioridade noutros concursos, webs ou calquera outro medio dixital ou impreso. Os participantes responsabilízanse totalmente de ser os únicos autores, de que non existan dereitos a terceiros, así como de toda reclamación por dereitos de imaxe sobre as obras presentadas ao concurso. As fotografías non poderán ser alteradas electronicamente nin por calquera outro medio. Tampouco se aceptarán fotomontaxes. Permitiranse mínimas correccións de cor e luminosidade; en caso de dúbidas, o xurado podería solicitar ao autor o ficheiro Raw para a súa comprobación.
4ª PRESENTACIÓN: As obras deberán ter un formato mínimo de 25×35 cm e un máximo de 40×50 cm e irán montadas sobre cartón pluma ou paspartú de 40×50 cm e no dorso deberá figurar un lema e o título da obra. Ademais, deberán adxuntar en soporte informático en formato JPEG ou TIFF, a unha resolución de 300 ppp, e en RGB, as obras presentadas, sendo o nome do ficheiro o mesmo que o título da obra.
5ª ENVÍO: As obras remitiranse por correo certificado, axencia ou en man á seguinte dirección:
LIBRERÍA BALMES
CONCURSO FOTOGRÁFICO ARDE LUCUS
Rúa Progreso, 6
27001 Lugo (Lugo)
Xunto coas obras remitirase un sobre co Lema no exterior, que será común para todas as fotografías presentadas por un mesmo autor. Dentro do sobre acompañaranse os seguintes datos do autor: nome, apelidos, data de nacemento, dirección, código postal, municipio, provincia, país, teléfono e correo electrónico.
ACRH CAETRA LUCENSIUM non se responsabiliza do deterioro producido no envío, polo que o embalaxe deberá ser o suficientemente resistente.
6ª PRAZO DE ADMISIÓN: O prazo para presentar as obras estará aberto do 22 de xuño de 2026 ao 30 de setembro de 2026. Non se admitirán obras presentadas con posterioridade a esta data, agás aquelas cuxo certificado de correos ou axencia sexa igual ou anterior a devandita data, aínda que sexan recibidas unha vez concluído o tempo estipulado.
7ª PREMIOS: Primeiro Premio: 300 euros, Segundo Premio: 200 euros e un Terceiro Premio de 100 euros, e dous accésit de 50 euros cada un. Cada participante non poderá obter máis dun premio.
8ª FALLO: O fallo do xurado producirase durante o mes de outubro de 2026 e será comunicado expresamente pola organización aos premiados. Do mesmo xeito, ACRH CAETRA LUCENSIUM difundirá esta información aos medios de comunicación, na súa páxina web e a través das canles que considere convenientes.
9ª O XURADO: O xurado estará formado por tres persoas vinculadas ao mundo da fotografía e unha persoa en representación de ACRH, que, atendendo a criterios de creatividade e calidade técnica, seleccionará as obras para unha exposición, das cales serán seleccionadas as obras premiadas. A apertura de devandita exposición coincidirá coa celebración do aniversario da muralla de Lugo como Patrimonio da Humanidade.
10ª DEVOLUCIÓN DE OBRAS: As obras que non fosen premiadas poderán ser retiradas polo seu autor/a, a partir do 1 de novembro de 2026, ata o 30 de novembro de 2026, en
LIBRERÍA BALMES
CONCURSO FOTOGRÁFICO ARDE LUCUS
Rúa Progreso, 6
27001 Lugo (Lugo)
Serán remitidas ao autor na mesma forma do envío, se o solicita nese prazo a info@caetra.org
11ª DEREITOS DE AUTOR: As obras premiadas en soporte físico quedarán en propiedade de ACRH CAETRA LUCENSIUM. Das obras finalistas, a propiedade intelectual e autorías serán sempre do autor/a. ACRH CAETRA LUCENSIUM deberá facer constar en futuras reproducións impresas ou por calquera medio dixital o nome do autor/a.
12ª ACEPTACIÓN DAS BASES: A participación neste concurso supón a plena aceptación de todas e cada unha destas bases e do fallo inapelable do xurado.


