
MENÚ ROMANO
Maio 31, 2035 @ 08:00 - 17:00

A comida era simple pero variada: legumes, queixo, froita, ovos, olivas, verduras, tostas de cebada ou trigo, e mesmo carne e peixe. Todo iso condimentábase con salsas e aliños a base de mel, viño, vinagre e diversas especias: entre estes, o condimento estrela da gastronomía romana era o garum, unha salsa preparada a base de vísceras fermentadas de peixe e de sabor moi forte.
A bebida adoitaba ser viño diluído en auga, xa que o viño puro estaba reservado aos banquetes e cerimonias; debido a que a miúdo terminaba avinagrándose, empregábase o mel para adozalo. Outras bebidas populares eran o “piperatum”, unha bebida que se obtiña mesturando auga quente con viño, mel, pementa e herbas aromáticas; e a posca, unha mestura de vinagre e auga moi común polo seu baixo prezo e porque previña infeccións de orixe bacteriano.