
CAETRA LUCENSIUM
Maio 31, 2035 @ 08:00 - 17:00

Que significa este nome?
O nome da asociación foi tomado do nome da moeda coñecida como “caetra” ou “moneta castrensis”, supostamente e segundo numerosos datos, moeda acuñada na ceca de lvcvs avgusti durante o período comprendido entre os anos 27-17 a.c (guerras cántabras).
Fúndase o 4 de febreiro de MMX na cidade de Lucus Augusti (Lugo) e preséntase en público durante a celebración do Arde Lucus dese mesmo ano.
Caetra Lucensium enténdese, desde a súa orixe, como unha ferramenta ideal para desenvolver e divulgar, con criterio e rigor, un proxecto definido por un grupo de persoas que comparten o gusto e a afección polo “romano”, incluíndo neste concepto tan amplo o interese polo coñecemento da sociedade, do exército, da política, da arquitectura, da enxeñería, da relixión, da medicina e doutros moitos aspectos que teñen regulado a vida dos cidadáns do Imperio Romano e mesmo aínda hoxe a nosa vida.
En canto á filosofía que marca as actividades de Caetra, a idea está sempre a máxima de achegarnos, dun modo lúdico, a todos os grupos de poboación, para, desde a festa, crear unha conciencia que recupere e valore ademais o alto valor cultural e patrimonial legado polos romanos.